Os mozos percorrían as céntricas rúas da vila ao son da charanga Támega e da Banda de Gaitas do Concello

Na noite do xoves 16 de febreiro, os “compadres”, daban o pistoletazo de saída ao tradicional Entroido de Verín. Tralas típicas ceas nos restaurantes da localidade, os mozos percorrerían, ataviados cos seus característicos chapeus, bigotes e gabardinas, a rúas Montemaior, Praza Maior Cruz, Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luís Espada, Lisa e Praza Maior onde, entre o estrondo dos petardos, celebraban o xuízo e a queima do Maragato.

A charanga Támega e a Banda de Gaitas do Concello de Verín eran os responsables de acompañar ao carro do Maragato que conducía aos “compadres” polas céntricas rúas de Verín. Trala queima, a festa remataba na Praza Maior con Disco-Móvil Jorge.

Noite de Compadres en Verín.

Noite de Compadres en Verín.