“Ulises” foi a gran triunfadora na gala de clausura, premiada con tres estatuíñas: Mellor Director, Mellor Actor e Mellor Guión

Cunha grande ovación do público aos organizadores (equipo directivo, de produción e voluntarios) remataba a gala de entrega de premios do Festival Internacional de Curtas de Verín-Vía XIV, que baixaba ao pano tras  unha semana de actividades, proxeccións e sorpresas en torno ao audiovisual, dende Verín para o mundo e dende o mundo para Verín. Porque iso foi precisamente o que se conseguía con esta iniciativa cultural posta en marcha dende o Concello de Verín, abrindo unha fiestra dende a que promocionar a vila do Támega.

O tenente de alcade de Verín, Diego Lourenzo.

O tenente de alcade de Verín, Diego Lourenzo.

Como non podía ser doutro xeito, a gala celebrada no Auditorio de Verín co aforo practicamente completo, comezaba coa proxección do video promocional seguindo coa música en directo de Xabier Vaz e o grupo que interpretaron en directo a banda sonora de filmes moi populares, dende A Guerra das Galaxias, ata Harry Potter, Tiburón ou mesmo Crepúsculo. Presentado polos actores Alberto Rolán e Machi Salgado, a cerimonia contou tamén coa actuación musical da ourensá Maren Ladson.

Ao longo de máis dunha hora e media, houbo tempo para o humor da man dos presentadores, e tamén para os agradecementos por parte da concelleira de Cultura e coordinadora do festival, Emilia Somoza, quen emprazaba ao público asistente á segunda edición, e por suposto para o recoñecemento e a satisfacción por parte do tentente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, pero os protagonistas da noite eran os premiados e aí, o xurado converteu á curtametraxe “Ulises” na máis premiada da noite. O filme conseguiu os trofeos de Mellor Director (Aitor Gutiérrez), Mellor Actor (Cándido Uranga) e Mellor Guión. O premio a mellor actriz foi para María Larralde de “Restart”.

A directora de "Restart", Mellor Curtametraxe da sección Fronteiras.

A directora de “Restart”, Mellor Curtametraxe da sección Fronteiras.

Nas tres categorías do Festival conseguiron o galardón: “Restart”, dentro de Fronteira; O Moredo en Entroido; e “Dente de León” en Emigración. O premio do público recaeu en “17 años juntos”. Ademais o festival concedeu un Premio de Honra Especial ao verinés Carlos Folgoso, fotoxornalista que expuxo as súas fotografías no Auditorio de Verín durante todo o certame. “Trátase xa que logo dun recoñecemento á súa obra, centrada en dúas das temáticas do Festival: Fronteira e Emigración. O propio Folgoso tamén é un emigrante en Italia na actualidade e non deixa de reflexar na súa obra esa realidade, mesmo infiltrándose como un inmigrante nun Centro de Identificación e Expulsión”, en palabras da organización.

Á hora de recoller as estatuíñas, non todos os premiados estaban presentes, pero os que non puderon asistir como o galardoado Aitor Gutiérrez ou María Larralde, enviaros os seus vídeos agradecendo o premio e felicitando á organización por este festtival, compartido con todos os premiados o desexo de que teña continuidade no tempo. “É moi difícil dar a coñecer e que se vexan as curtas por iso é importante que haxa iniciativas como esta”, aseguraron os que ían subindo ao escenario para recoller os premios.

O director da curta "O Moredo", premio da sección Entroido, co trofeo.

O director da curta “O Moredo”, premio da sección Entroido, co trofeo.

Na gala tamén estiveron presentes moitos dos directores das curtas presentadas no Festival, como  Oscar Doviso de “O Rebelde”, Charli García de “Polo”, David Vázquez de “O Moredo”, David Oeo de “Añadir Contacto”, Juan Hervella-Rego de” Share o no Share” e Héctor Domínguez-Viguera Queija de “El Pozo”. Como membros do xurado asistiron Jorge Coira (importante director audiovisual galego), Ledicia Sola (actriz ourensá), Sandra Pinho (presidenta do cineclube de Chaves) e Emilia Somoza (concelleira de cultura de Verín). Tamén estivo o actor e director ourenán Rubén Riós e representantes políticos, así como parte do reparto e equipo técnico da coprodución luso-galaica Vidago Palace.

Tras unha noite chea de emoción e galmour, o FIC Verín-Vía XIV baixaba o pano desta primeira edición coa proxección das curtas premiadas na tarde do domingo 11 de decembro.

Púbico asistente á gala de entrega de premios do FIC Verín-Vía XIV.

Púbico asistente á gala de entrega de premios do FIC Verín-Vía XIV.

Organizadores e voluntarios que fixeron posible a I edición do Festival Internacional de Curtas de Verín.

Organizadores e voluntarios que fixeron posible a I edición do Festival Internacional de Curtas de Verín.

Fotos: Carlos G. Hervella