O partido socialista quédase con dous deputados, os mesmos que En Marea, mentres o BNG mantén o escano que tiña co 90,40% escrutado

Era un dos seus obxectivos e cumpríano. O PP ourensán vén de incrementar a súa presenza no Parlamento de Galicia ao acadar nove deputados nas eleccións autonómicas do 25 de setembro. Conseguía 91.922 votos na provincia, o que supón o 53,13% dos sufraxios emitidos, co 99,40% dos sufraxios escrutados e segundo os datos da Xunta de Galicia. “Comezamos a campaña electoral marcándonos tres obxectivos: que Núñez Feijóo fose presidente con maioría absoluta do PP, e conseguímolo. Acadar o 50% dos votos da provincia e estamos no 53%  e manter oito escanos, e estamos en nove. Ademais o PP ganou en 88 dos 92 concellos da provincia. É un motivo para estar tremendamente orgulloso. Son uns resultados históricos que ninguén conseguiu en Ourense”, dicía na noite electoral o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar.

 

Ademais agradecía o apoio do equipo de persoas que fixeron posible esta campaña, “con máis de 300 actos. Este é un triunfo de todos pero, fundalmentalmente de Ourense”. Tiña unha mención especial para o comité de campaña, “magnificamente dirixido por Rosendo Fernández” e para “a excelente candidatura que liderou Marisol Díaz”.

A cabeza de lista do PP por Ourense, Marisol Díaz, xunto a María José Caldelas, na sede do PP de Ourense tras coñecerse os resultados dos comicios./ Foto: Carlos G. Hervella.

A cabeza de lista do PP por Ourense, Marisol Díaz, xunto a María José Caldelas, na sede do PP de Ourense tras coñecerse os resultados dos comicios./ Foto: Carlos G. Hervella.

Celso Delgado Arce, con outros compañeiros do PP, seguindo a evolución dos resultados na sede deste partido en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Celso Delgado Arce, con outros compañeiros do PP, seguindo a evolución dos resultados na sede deste partido en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Estes resultados implican tamén que Valdeorras terá novamente representación na Cámara galega da man de Moisés Blanco Paradelo, quen afrontará a súa segunda lexislatura como deputado.

Moisés Blanco, á dereita, con outros compañeiros do PP barquense, recabando datos./ Foto: A.R.

Moisés Blanco, á dereita, con outros compañeiros do PP barquense, recabando datos./ Foto: A.R.

Por contra, o PSdeG-PSOE sufría un varapalo ao perder dous dos catro deputados cos que contaba na anterior lexislatura, sumando 30.519  votos. Se ben isto está pendente do escrutinio 100% do escrutinio, que podería modificar o seu número de escanos.

A súa cabeza de lista na provincia, Noela Blanco, sinalaba que o partido socialista manterá unha “serena reflexión” para entender os resultados e deixaba a porta aberta á esperanza: “este é un partido con moita historia e imos conseguir remontar esta situación”.

Un momento da valoración dos resultados electorais do PSOE ourensán./ Foto: Sara Fontenla.

Un momento da valoración dos resultados electorais do PSOE ourensán./ Foto: Sara Fontenla.

Tamén comparecía para valorar os resultados electorais Raúl Fernández, número dous da lista , indicando que “asumimos os resultados, houbo unha baixada importante en número de votos e en deputados”, se ben apostaba por seguir traballando porque “hai moita xente con necesidades que necesitan dun partido socialista forte”.

Raúl Fernández e Noela Blanco, dirixíndose aos militantes e simpatizantes na noite electoral./ Foto: Sara Fontenla.

Raúl Fernández e Noela Blanco, dirixíndose aos militantes e simpatizantes na noite electoral./ Foto: Sara Fontenla.

Os socialistas barquenses recollendo os datos das mesas electorais./ Foto: A.R.

Os socialistas barquenses recollendo os datos das mesas electorais./ Foto: A.R.

O alcalde barquense, Alfredo García, seguindo o escrutinio./ Foto: A.R.

O alcalde barquense, Alfredo García, seguindo o escrutinio./ Foto: A.R.

Pola súa banda, En Marea acada dous escanos no Parlamento galego con  23.793 votos.

Os membros ourensáns de En Marea, cando comezaba o escrutinio en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Os membros ourensáns de En Marea, cando comezaba o escrutinio en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ademais e o BNG consegue manter o deputado que tiña na anterior lexislatura, con 10.452 votos e o  6,04%  dos sufraxios emitidos.  Estes datos son co 99,40% dos votos escrutados e no caso do BNG podería haber algunha variación.

Tareixa Paz, Suárez Canal e Luis Seara, na sede do BNG de Ourense na noite electoral./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tareixa Paz, Suárez Canal e Luis Seara, na sede do BNG de Ourense na noite electoral./ Foto: Carlos G. Hervella.

Membros do BNG de Valdeorras ao remate da xornada electoral./ Foto: A.R.

Membros do BNG de Valdeorras ao remate da xornada electoral./ Foto: A.R.

A cuarta forza política que conseguía maior representación na provincia de Ourense era Democracia Ourensa (DO) con 7.635  votos e o  4,41%  dos sufraxios, datos ao 99,40% do escrutado na provincia.

O cabeza de lista de Democracia Ourensana, Miguel Caride, ao comezo do escrutinio en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

O cabeza de lista de Democracia Ourensana, Miguel Caride, ao comezo do escrutinio en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Os datos tamén amosan que o PP impúxose de maneira clara na práctica totalidade dos concellos ourensáns, pero con excepcións como a de Parada de Sil onde o PSdeG-PSOE conseguía o 40,49%   dos votos e a de Vilar de Santos onde era En Marea o partido maioritario co 48,95%  dos votos.