Os datos feitos públicos ás cinco e media da tarde tamén amosan unha lixeira diminución na porcentaxe de participantes con respecto aos do 2012

 

Ás cinco e media da tarde facíanse públicos os datos do segundo avance de participación das eleccións galegas deste domingo 25 de setembro. Neles Ourense continúa sendo a provincia galega con maior participación nos comicios cun 44,48% fronte ao 42% da Coruña, o 42,29% de Pontevedra e o 42,73% de Lugo.

Pese a iso, a provincia, como o resto de Galicia, rexistraba a esas horas unha lixeira diminución con respecto aos datos do 2012 nos que Ourense tiña un 46,18% de participación e a media galega era dun 42,48%. Se a análise se fai por comarcas, as únicas ourensás que reflexaban ás 17:30h. un aumento na participación con respecto ás eleccións galegas do 2012 eran Verín cun 47,41% (fronte ao 46,56% de hai catro anos) e Viana cun 43,15% (42,11% no 2012).