Nun ambiente festivo, cun numeroso público e multitude de participantes de todas as idades se desenvolvía a 31ª Milla Urbana do Barco na tarde do 17 de setembro. Corredores da base, pero tamén moitos populares, veteranos e, por suposto absolutos, categorías nas que reinaban nesta edición Solange Pereira e Jesús Gómez.

Destacaba ademais o gran labor realizado polos xuíces árbitros, así como polo Club Adas e a Delegación Valdeorresa de Atletismo, que conxuntamente co Concello do Barco organizan este evento que se inclúe cada ano dentro do programa das Festas do Cristo 2017 e que forma parte do calendario da Federación Española de Atletismo.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.