Sanidade

Especialistas animan aos ourensáns a participar no programa de detección precoz de cancro de colon

As mostras de feces son analizadas nos laboratorios do CHUO.

Con motivo da celebración hoxe, 31 de marzo, do Día de Prevención do Cancro Colorectal, a Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense, animou á poboación a participar no Programa de Cribado, ou detección precoz, de Cancro Colorectal da Consellería de Sanidade, implantado xa en toda a provincia e que, cun sinxelo e indoloro test, permite diagnosticalo precozmente ou incluso detectalo nun estadío previo.

Distintas asociacións de pacientes, sociedades médicas e institucións sanitarias  centraron hoxe seus esforzos en destacar a importancia de implantar un programa de cribado para a detección precoz de este tipo de cancro, naquelas comunidades autónomas que aínda non o teñen e, tamén, animar aos usuarios a participar no programa existente.

Dende o Sergas informan que aos 20 meses da implantación do Programa de Cribado en Ourense, “os resultados son esperanzadores en canto a taxa de detección precoz de cancro e lesións pretumorais”, pese a que de momento só participou menos da metade do “poboación diana” ou de risco, o 47,27%, dos 54.777 homes e mulleres entre os 50 e os 69 anos.

Segundo as cifras aportadas polo servizo sanitario galego, entre os 25.895 ourensáns participantes, o Servizo de Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense diagnosticou 80 casos de cancro colorectal e detectou e extraeu lesións pretumorais, ou pólipos, a 540 persoas, evitando así un mais que probable desenvolvemento dun cancro deste tipo. Destes 80 casos, “a metade diagnosticáronse nunha fase inicial, o que aumenta as posibilidades de curación e supervivencia ata un 90%”, din dende o CHUO.

Segundo explicou o Doutor Joaquín Cubiella, do Servizo de Dixestivo, “os homes teñen mais risco de padecer cancro colorectal, mais incluso que mulleres con antecedentes familiares, con dous familiares directos afectados”. Por elo, os profesionais os animan especialmente a incrementar súa participación

Detección precoz e aumento da supervivencia

O obxectivo fundamental do programa de cribado colorectal galego é reducir a incidencia e mortalidade deste tipo de tumores, un dos mais frecuentes; aumentar a supervivencia e curación, mediante o diagnóstico precoz;  e previlo detectando a existencia de pólipos colorectais, precursores do cancro, e que normalmente pasan desapercibidos, xa que non dan síntomas. 

A proba inicial do programa é a realización dun sinxelo test de sangue oculto en feces. Para elo, estes usuarios reciben unha carta, cun sobre prefranqueado para confirmar súa vontade de participar. Tras elo, explican dende o CHUO, se lles envía a casa o material necesario para tomar unha mostra de feces e instrucións de como realizalo. Posteriormente, a mostra déixase no centro de saúde, desde onde se envía ao laboratorio do CHUO, que ante a presencia de sangue activa inmediatamente o protocolo para ampliar os estudos e realizar un diagnóstico nun tempo mínimo.

Así, cando se detecta a presenza de sangue, son citados directamente cara seu médico de cabeceira, que lle explica o resultado e a necesidade de realizar unha exploración mais completa, consistente nunha colonoscopia, proba que se fai con sedación e practicamente sen molestias, para descartar ou confirmar -pero tamén tratar- lesións pretumorais. Cando todo é correcto se envía unha carta indicándolles que se lles volverá a invitar aos dous anos.

Artigos relacionados

Back to top button