En portadaÚltima hora

Espectacular triunfo con selo valdeorrés da selección feminina de baloncesto

O seleccionados de baloncesto feminino Lucas Mondelo, durante o partido.
A selección que dirixe Lucas Mondelo, apoiado pola súa familia dende a bancada, derrotaba a Holanda “cunha arrolladora diferenza de 66 puntos na fase clasificatoria para o EuroBaslet 2019

Cunha abrumadora vantaxe de 66 puntos a selección absoluta feminina de baloncesto, dirixida por Lucas Mondelo García, vencía na tarde do 15 de novembro a unha Holanda que non era quen de reaccionar. Tratábase da segunda vitoria de España nesta primeira ventana da fase de clasificación para o EuroBaslet 2019.

 

As xogadoras españolas celebrando a vitoria contra Holanda./ FEB

 

Ata o propio técnico, de orixe valdeorresa, se amosaba sorprendido polo resultado: 92 a 26. “Esta diferenza de puntos non a esperábamos”, confesaba. Ademais Mondelo considera que esta vitoria se debe a unha “mestura de traballo ben feito polo nosa parte e logo a que en Holanda baixaron os brazos”.

 

A familia valdeorresa de Lucas Mondelo coa bandeira dos Carecas dende a bancada do pavillón de Valladolid./ Cedida.

O partido desputábase no pavillón polideportivo do Pisuerga en Valladolid, que se enchía dun público que arroupaba ao equipo español. Entre os asistentes estaba parte da familia valdeorresa de Lucas Mondelo: os seus pais, así como dous dos seus tíos, sostendo a bandeira do Barco e dos “Carecas”.

Tras esta impresionante vitoria, a segunda mellor da historia para España en canto a diferenza de puntos, a selección sitúase líder do grupo F, cos mesmos triunfos que Ucrania.

 

Lucas Mondelo coa súa familia antes do partido contra Holanda./ Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button