ConcellosÚltima hora

A estación fixa de ITV do Carballiño xa está operativa

Acto inaugural da ITV.

A nova estación fixa de Inspección Técnica de Vehículos do Carballiño (ITV), situada no Parque Empresarial, entra en servizo dende hoxe, 27 de novembro, tras a inauguración oficial. O acto contou coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o director de Supervisión e Control, Juan Diego Rodríguez; o vicepresidente da Applus, José Delfín Pérez, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, así como os voceiros municipais e concelleiros, representantes dos empresarios do Polígono Industrial Parque Empresarial, do Centro Comercial Aberto, dos talleres mecánicos e de Tráfico, entre outros.

Cun investimento próximo a un millón de euros, 900.000 concretamente, esta ITV poderá inspeccionar todo tipo de vehículos, incluso autobuses e camións.

Artigos relacionados

Back to top button