OurenseÚltima hora

Este sábado, 25 de novembro, celébrase en Ourense o Día do Orgullo Gaiteiro

Este ano homenaxearán á músico Mercedes Peón e ao músico e construtor de trompa galega, Che Vázquez
Mercedes Peón.

O Campus de Ourense prepárase para recibir o XIV día do Orgullo Galego. A cita será este sábado, 25 de novembro, e conta cun amplo programa de espectáculos e actividades que se levarán a cabo na Sala Emilia Pardo Bazán no Edificio de Ferro.

Este día celébrase co obxectivo de facer máis visible a música e a propia cultura galega, en col da música comercial e importada. Para iso fan, cada ano, unha homenaxe ao traballo dunha persoa, grupo ou institución no ámbito da música. Este ano tócalle a Mercedes Peón, “pola súa destacada e innovadora traxectoria artística” e Che Vázquez, músico e construtor de trompa galega e un dos responsables da súa difusión e recuperación para a actual música galega. O acto de homenaxe será ás cara ás 19:00 horas, seguido do concerto de presentación do novo libro-disco “Vilaverde” do grupo Os Viqueiras de Ordes.

En canto á oferta de espectáculos, Nelson Quinteiro trae o seu pequeno Cabaret Infantil ás 12:00 horas. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, Cástor Castro ofrecerá un relatorio titulado “Faustino Santalices e as cantigas de Martín Códax”. Ás 18:00 horas terá lugar a presentación do libro “O tamborilleiro técnico” de Marcos Saburido.

Tras o acto de homenaxe, ás 22:00 horas, terá lugar a Cea do Orgullo Gaiteiro na sede de Aixiña, ao lado de Expourense.

Cartel do evento.

Artigos relacionados

Back to top button