OurenseÚltima hora

Estrella Galicia colaborará na programación cultural e festiva de Ourense

O rexedor, Jesús Vázquez, co director de Hijos de Rivera, Antonio Viejo, na alcaldía de Ourense.
O rexedor, Jesús Vázquez, co director de Hijos de Rivera, Antonio Viejo, na alcaldía de Ourense.

O Concello de Ourense vén de anunciar que asinará un acordo de colaboración con Estrella Galicia en próximas datas co obxectivo de elaborar unha programación cultural e festiva para a cidade “con carácter permanente”.

A colaboración materializarase nos eventos que requira o Concello, segundo anuncian fontes municipais, que avanzan que será concretada en vindeiros días.

O alcalde, Jesús Vázquez, mantivo unha reunión o pasado 26 de abril co director corporativo da cerveceira, Hijos de Rivera, Antonio Viejo para pechar detalles.

Artigos relacionados

Back to top button