CulturaCulturaÚltima hora

“Ética del desorden”, do filósofo Ignacio Castro, preséntase en Santiago

O acto está previsto para o día 10 de outubro ás 19h. na Librería do Centro Galego de Arte Contemporánea coa presenza de María do Cebreiro, Federico L. Silvestre e do autor

 

Portada do novo libro de Ignacio Castro Rey.

 

Di o seu autor que a clave de “Ética del desorden. Pánico y sentido en el curso del siglo” (Pre-Textos, 2017) radica nun “intento de afrontar de novo as cousas directamente, como se éstas (sexan a percepción, o espazo, a morte ou a linguaxe) aínda pervivisen en estado salvaxe, libres da inmensa capa de xuízos históricos que caíron sobre elas dende hai moito tempo”. E engade que “non é extraño que este intento haxa de ser longo, tanto como longa é a cobertura de mediacións que hoxe impídennos un contacto vivo coa inmediatez”.

“Ética del desorden” é o último libro que vén de publicar o filósofo galego Ignacio Castro Rey. Son 450 páxinas resultado de oito anos de traballo. Un libro que considera “de entrada na cotidianeidade urbana, mundialmente compartida” e “basicamente afirmativo, onde a crítica debe ocupar un lugar secundario”.

Castro Rey ten previsto presentar este ensaio en Santiago de Compostela o vindeiro 10 de outubro. Será nun acto previsto ás 19h. na Librería do Centro Galego de Arte Contemporánea e no que participarán, ademais do propio autor, María do Cebreiro e Federico L. Silvestre.

Artigos relacionados

Back to top button