ConcellosÚltima hora

Chaves-Verín posiciónase en Dublín como interlocutor da área atlántica ante a UE

Foi elixida co obxectivo de mediar en Bruxelas e conseguir máis fondos para os próximos catro anos
As reunións de traballo celebráronse os días 21 e 22 de abril.
As reunións de traballo celebráronse os días 21 e 22 de abril en Dublín.

A Eurocidade Chaves-Verín participou durante os días 21 e 22 de abril en diversas reunións de traballo en Dublín con responsables técnicos, políticos dos municipios e gobernos rexionais de toda a área atlántica da Unión Europea (UE) cun dobre obxectivo: conformar unha alianza estratéxica que permita a creación da primeira e única rede de eurocidades de todo o territorio atlántico da UE e conseguir a captación conxunta de fondos europeos para os próximos catro anos.

Búscase crear así unha alianza que permita crear a primeira e única rede de eurocidades de todo o territorio atlántico da UE. Esta rede estaría formada polas eurocidades de Newry-Dundalk (Irlanda do Norte e República de Irlanda), a eurocidade San Sebastian-Bayona (País Vasco e Francia), a eurocidade do Guadiana (Vila Real de Santo Antonio, Aiamonte e Castro Marín) e a eurocidade Chaves-Verín.

Neste contexto, o éxito obtido por Chaves-Verín o pasado ano en Bruxelas, co premio Regio Star a mellor proxecto europeo de cooperación, entre outros, foi determinante para ser elixida polo resto de eurocidades como interlocutor único. Esta misión pasará por facer de voceiro e mediar coa UE para transmitirlle os problemas que afectan á cooperación de proximidad e do conxunto dos municipios transfronteirizos do atlántico.

Esta alianza será selada o próximo verán en Chaves-Verín, coa firma dun memorandum de cooperación transnacional. Á cita está previsto que acuda una decena de alcaldes de toda a franxa fronteriza de Irlanda do Norte e a República Irlandesa. Tamén serán invitadas, según avanzan, o resto das eurocidades da península ibérica.

Artigos relacionados

Back to top button