EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A EVEGA analizará oficialmente as partidas de viño da D.O. Valdeorras

A decisión tomábase no pleno que este órgano rector celebraba na tarde do 17 de novembro en Vilamartín

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras convocaba na tarde do 17 de novembro un pleno no que, entre outras cuestións, se decidía contar coa Estación de Viticultura de Galicia (EVEGA) como nova entidade encargada de analizar oficialmente as partidas de viño procedentes da D.O. “Consideramos que, por proximidade xeográfica, contar con EVEGA, dependente da Consellería do Medio Rural, facilitará enormemente a xestión de análise”, sinalaba Francisco García, presidente da D.O.

Na reunión tamén se daba conta dos contactos realizados dende o consello con universidades e centros de investigación para colaborar na posta en marcha dun método de identificación da orixe da uva, “mediante a análise dunha serie de parámetros que identifican a orixe ao 100%, tal e como xa acontece noutros países”, segundo Francisco García.

Asemade o pleno aprobaba a memoria e a liquidación orzamentaria de 2015 e acordaba a participación do organismo na London Wine, que se celebrará na capital británica entre o 22 e o 24 de maio do vindeiro ano. Nesta mesma sesión tamén se daban a coñecer os resultados dun informe de auditoría realizado no consello regulador valdeorrés que foi exposto polos técnicos encargados de elaboralo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button