EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Éxito dos godellos de Valdeorras en Londres

Uns 54 profesionais participaban nunha cata celebrada no marco da Wines from Spain Fair

 

Un dos momentos da cata, celebrada no no recinto de Tobacco Docks, na capital británica.
Un dos momentos da cata, celebrada no no recinto de Tobacco Docks, na capital británica.

Entre aplausos remataba a cata de godellos da Denominación de Orixe Valdeorras que tiña lugar o 26 de febreiro en Londres no marco da na feira Wines from Spain Fair. Esta iniciativa era promovida dende o  Concello do Barco, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeoras e o Eixo Interior en colaboración co ICEX.

Tiña como escenario o  recinto de Tobacco Docks e nela participaban uns 54 profesionais. A cata estivo dirixida por Sarah Jane Evans, presidenta do Instituto Masters of Wine e considerada unha das principais autoridades do mundo do viño e unha gran especialista do viño español.

No seu decurso valorábanse dez godellos: Alento 2012 e Dona Delfina Godello (Roandi), 200 Cestos Godello 2013 (A Coroa), Viña Abad 2014 e Aurensis 2012 (Cooperativa Jesús Nazareno), Joaquín Rebolledo 2014, Via Nova 2013 e Pagos de Galir (Virxe de Galir), Avanthia 2013, Godeval cepas vellas 2013, As Sortes Val do Bibei 2013 (Rafael Palacios) e Bioca 2014 (B. María Teresa Núñez Vega). Na cata estivo tamén presente o alcalde do Barco, Alfredo García.

Artigos relacionados

Back to top button