DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Éxito trivés no campionato provincial escolar Xogade de atletismo

Con ata catro medallas voltaban para casa os atletas das Escolas Deportes de Trives. Participaban o 20 de maio no Campionato Provincial Escolar Xogade que se desenvolía nas pistas de atletismo de Monterrei.

Na competición participaban uns 15 rapaces e rapazas trivesas que conseguían moi bos resultados. Así, Marino Fernández ganaba en Pelota na categoría Benxamín, Érika Baloira conseguía un posto en Pelota na categoría Benxamín, Brais Fernández vencía en Peso categoría Infantil e Brais Fernández era segundo nos 500 ml. categoría Infantil.

Ademais outros atletas quedábanse ás portas do podio: Noa Rodríguez e Jairo Álvarez eran cuartos en Xavelina categoría Alevín, mentres que Alejandro Basalo tamén se situaba no cuarto posto en lonxitude categoría Benxamín.

O seu adestrador Tino Sierra volvía tamén moi contento cos resultados xa que todos os participantes melloraron moitísimo nas súas marcas.

Fotos: Escolas Deportivas de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button