CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Exitosa estrea de “Lobos sucios” en Berlín

Este filme, que rescata a historia da explotación nazi das minas de wolfram de Casaio, presentábase na capital alemá na tarde do 17 de xaneiro

No seu percorrido internacional, o filme “Lobos sucios”, dirixido por Simón Casal, está tendo unha gran acollida. Na tarde do 17 de xaneiro  está película, que retrata a etapa na que as minas de wolfram de Casaio (Carballeda de Valdeorras) estaban sendo explotadas polos nazis (1939-1945), estreábase en Berlín. En concreto proxectábase nos cines Hackesche Höfe, coa colaboración da Embaixada española.

A premiere resultaba todo un éxito e eran multitude as persoas que acudían ao pase. Ata alí desprazábase tamén parte do equipo, entre eles o valdeorrés Felipe Rodríguez, coguionista do filme e autor da idea orixinal do mesmo, e Paula Cons, tamen coguionista. Tamén acudía ao acto un dos actores protagonistas, o alemán Pierre Kiwitt.

Ademais,  este é só o comezo da andaina de “Lobos sucios” en Alemaña, xa que tras a estrea en Berlín, tamén se prevé que o filme se proxecte en Munich.

 

Fotos cedidas por Felipe Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button