EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Exitosa “Noite Branca” no Barco

Descontos, espectáculos de rúa e degustacións en 38 establecementos do Centro Comercial Aberto desta vila valdeorresa

O ritmo do grupo Son D’ Vigo poñía fin a unha intensa e exitosa “Noite Branca”, organizada polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Esta campaña, á que sumaban 38 establecementos (tanto de comercio como de hostalaría), encetábase ás sete da tarde do 17 de xuño con espectáculos de rúa a cargo de Troula Animación e tamén co son tradicional de Celtas Largos, que enchían a vila de diversión e animación. Tamén actuaba o Dj-Ton y Son.

Eran moitas as persoas que percorrían e mercaban nos establecementos da campaña (Crash, Azul y Rosa, Zapatería Palpié, Super Onda, Boutique Glory, Mercería Carmiña, Miranda X, Margot Peluquería, D’Chus, Deportes Tri-Sport, Ana de la Puente Perfumería y Estética, Zapatería Step Up, Miranda M, Ana Óptica, Can-Can, Perfumería Pamén, Mis Personajes, Laurarte, Flores Esnat, MHUSSK, Pizpireta, Garoba, Depidel, Librería Murciego, Boutique Suá, Estética Rocío Carracedo, Moral Zapatería, Pilardos, Confecciones Elena, Chuches Ale, Top Queens e Baamonde O Barco) que prolongaban o seu horario de apertura ata a medianoite ofrecendo descontos dun 20% nos seus artigos. Ademais recibían ao público con diferentes e deliciosas degustacións, así como con bebidas.

Tamén a hostalaría se implicaba nesta edición da “Noite Branca”. Locais como Piquiño, A Cova, Divino Paseo, o 13/14 e a Tapería Al Natural ofrecían unha zona de descanso e degustacións de pinchos como paella. A partires da medianoite as tendas ían pechando as súas portas e comezaba a actuación de Son D’Vigo.

Fotos: Ángeles Rodríguez.
Máis fotos:
https://osil.info/noite-branca-envolve-o-barco/

Artigos relacionados

Back to top button