CulturaCulturaÚltima hora

A exposición “In tempore Sueborum” conta cun catálogo de 500 páxinas sobre os suevos

A exposición inaugurase o 15 de decembro e a guía supón “un fito” no estudo do primeiro reino medieval de Occidente
Jorge López, Manuel Baltar, Artemio Martínez. // Foto: Carlos Asensio.

A Deputación de Ourense vén de presentar hoxe, 14 de decembro, o catálogo da exposición “In Tempore Sueborum”. Esta mostra abrirá as súas portas a partires de mañá, 15 de decembro. Segundo recalcou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, isto marca “un fito” no estudo do mundo suevo en Galicia. Baltar cualificou este evento como “un dos máis importantes da provincia” e que “vai marcar un antes e un despois”.

Esta mostra “do primeiro reino medieval de Occidente”, dixo Baltar, ofrece un catálogo de 262 pezas procedentes de 39 museos de dez países do mundo e no catálogo participaron máis de 60 investigadores. Así o cifrou o presidente do organismo provincial. Esta publicación está editada en tres idiomas “galego, castelán e inglés”. Baltar fixo referencia ao “complexísimo traballo de compilación” para facer este libro que hoxe sae á venda así como o traslado das pezas “algunhas de valor incalculable”.

Así, a mostra estará divida en tes espazos: Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, a igrexa de Santa María Nai e o Museo Municipal, explicaron os comisarios da mostra e coordinadores do catálogo, Jorge López e Artemio Martínez, que aseguraron que o obxectivo “non é só que a xente coñeza estas pezas artísticas, senón que coñezan a cidade de Ourense”.

Pero o catálogo tamén pode ser consultado en versión on-line, a través da web da mostra www.intemporesueborum.es un sitio onde tamén se pode consultar “toda a información” sobre a exposición. 

 

Artigos relacionados

Back to top button