ConcellosÚltima hora

Falece un xove barquense ao caer o seu coche por un barranco

Imaxe do lugar onde se producía o accidente de tráfico.
Imaxe do lugar onde se producía o accidente de tráfico.

Un xove barquense de 20 anos de idade perdía a vida tras sufrir un accidente de tráfico en Viloira (O Barco) na medianoite do 30 ao 31 de agosto. O coche caía por un barranco e quedaba nunha zona de difícil acceso. Ata o lugar do accidente desprazábanse efectivos de emerxencias, urxencias médicas e a Garda Civil. Ao parecer, no suceso resultaba ferida outra persoa.

O funeral do barquense falecido terá lugar o 1 de setembro na igrexa parroquial de Viloira.

No suceso o vehículo caía por un terraplén.
No suceso o vehículo caía por un terraplén.

Artigos relacionados

Back to top button