OurenseÚltima hora

A Farixa acolleu unha xornada de orientación laboral na que profesionais do Turismo falaron das súas experiencias

A xornada desenvolveuse no recén inaugurado salón de actos da Farixa.

O Centro Integrado de Formación Profesional A Farixa acolleu a terceira edición das Xornadas de Orientación Profesional no ámbito do Turismo, organizadas pola consellería de Educación. A cita durou toda a xornada. Pola mañá os asistentes puideron escoitar a destacados expertos no mercado laboral e, nomeadamente, no sector turístico, en tanto que pola tarde foron os profesionais do sector, formados en centros de FP, os que aportaron a súa experiencia.

O acto formal de inauguración correu a cargo da subdirectora xeral de Formación Profesional, María Eugenia Pérez Fernández, xunto co vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández. A directora xeral, ademais de felicitar aos participantes e poñentes, salientou ou valor destas xornadas e da propia FP como canle formadora para acceder á especialización profesional que facilite a integración no mercado laboral. Destacou tamén os viveiros de emprego dos que dispoñen algúns centros de FP.

Nas Xornadas tomaron máis de 160 participantes que encheron o novo salón de actos de A Farixa, recentemente construído. Entre os asistentes estaban os alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, de Santiago; o Manuel Antonio de Vigo; do IES Vilamarín e do propio centro anfitrión.

Como relatores participaron Eduardo Adán, director territorial de Nortempo en Galicia, que falou sobre a detección de oportunidades; Xavier Martín, da CEO e General Manager de Turijobs, que fixo a súa intervención a través de Skype; Óscar Fontán, director de Operacións de OCA Hoteles en Galicia, que disertou sobre “Falando en clave galega”; Alba Fontán, Head on Contracting Houtusa; Santiago Vázquez, Tour operador internacional de Politours, que fixo un relato titulado “A experiencia é un grao”.

A xornada vespertina estivo adicada ao relato de experiencias profesionais a cargo de xente que se formou na FP. Baixo o título xenérico “Os alumnos, hoxe profesionais”, falaron Isabel González, guía acompañante por Europa; Patricia Campos, do Hotel Bahía de Vigo; Constantino González, do Grand Oca Maragogi Resort; Laura Pérez Rodríguez, do hotel Miño de Ourense; Paula Nóvoa, da Centrar de Reservas de Hotusa, e María Fernández, de Halcón Viajes.

Rosendo Fernández e María Eugenia Pérez inauguraron o acto. 

Artigos relacionados

Back to top button