PolíticaÚltima hora

Feijóo anuncia impostos cero na compra de vivenda en concellos pequenos

O candidato popular á Xunta fala de “facer máis atractivo o rural” para mozos, familias numerosas e discapacitados durante un acto nos Peares, a súa vila natal
O presidente dos populares recoñece que a débeda co rural "non está saldada".
O presidente dos populares recoñece na súa vila natal que a débeda co rural “non está saldada”.

O candidato a gobernar a Xunta polo Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo anunciou hoxe que a vindeira lexislatura “haberá impostos cero para os mozos, as familias numerosas e as persoas con discapacidade que adquiran unha vivenda habitual nun municipio de menos de 20.000 habitantes”. Así o afirmou durante un acto electoral que tivo lugar nos Peares, a súa vila natal.

“Ninguén discute que o motor económico poida estar nas grandes vilas e cidades, pero o motor identitario e o motor emocional para a maioría de nós está nas aldeas dos nosos pais e dos nosos avós”, expresou. Por iso se mostrou en débeda co rural “que aídna non está saldada na súa totalidade, malia que nos últimos anos avanzamos”, engadiu.

A expectación entre os veciños era máxima. Pancartas e vellos coñecidos do presidente dos populares foron a mellor tarxeta de benvida, pois Feijóo acabou emocionándose durante a súa intervención ante os medios coas lembranzas da súa infancia. Viviu nesta vila ourensá até os 13 anos, momento no que marchou a estudar á cidade de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button