Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Feijóo di que Ourense necesita un “goberno que constrúa”

O Auditorio convertíase en escenario o 20 de maio do mitin central do PP na cidade
Asistentes ao mitin do PP en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes ao mitin do PP en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalaba en Ourense na tarde do 20 de maio que os populares teñen acreditado con feitos o seu compromiso a favor das necesidades da cidade ampliando “o Hospital Público de Ourense ou mellorando a Atención Primaria no ambulatorio do Couto; poñendo a disposición dos cidadáns un novo edificio xudicial; aproveitando, da man da Deputación, unha das principais fortalezas económicas, como é o termalismo; e esforzándose por manter o patrimonio, como o da Catedral”.

Xesús Vázquez, recibindo o saúdo de Núñez Feijóo./ Foto: Carlos G. Hervella.
Xesús Vázquez, recibindo o saúdo de Núñez Feijóo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Así se manifestaba no decurso do mitin electoral en apoio ao candidato popular á alcaldía na cidade de Ourense, Xesús Vázquez, que se desenvolvía no Auditorio de Ourense. Feijóo apuntaba nesta liña que “a cidade precisa dun equipo formado por todos os seus cidadáns e dun goberno que constrúa e non que se destrúa permanentemente para vergoña dos veciños; necesita un goberno que xestione e non que discuta internamente a diario; e precisa dun liderado para saír adiante e non quedar atrapada nas leas, nas dúbidas e nos espectáculos”. Ademais definía a Vázquez como “un conselleiro con determinación, un home con talento, e do que dixo que será un gran alcalde, xa que, ten proxecto e conta cun equipo preparado para traballar e que traballa para gañar”.

O candidato popular ao concello de Ourense, Xesús Vázquez, no mitin./ Foto: Carlos G. Hervella.
O candidato popular ao concello de Ourense, Xesús Vázquez, no mitin./ Foto: Carlos G. Hervella.

Pola súa banda, o candidato ourensán, cuxa intervención pechaba o acto, pedía un “Ourense con outra mirada” e marcábase como meta unha “segunda transformación” da cidade.

Artigos relacionados

Back to top button