SanidadeÚltima hora

A Feira da Saúde falará de depresión cun obradoiro sobre felicidade no Auditorio

Os días 30, 31 de maio e 1 de xuño haberá máis de 35 actividades relacionadas coa sanidade na avenida de Pontevedra e na Alameda de Ourense
Máis dunha trintena de asociacións participarán na Feira.

A XIV Feira da Saúde programa un total de 35 actividades relacionadas co campo sanitario para os días 30 e 31 de maio e o 1 de xuño. Baixo o lema “Falemos da Depresión” a Organización Mundial da Saúde quere conmemorar o Día Mundial da Saúde 2017.

Estas actividades levaranse a cabo “nunha carpa situada na Alameda e nos postos da avenida d

As actividades levaranse a cabo na Alameda e na avenida de Pontevedra.

e Pontevedra”, dixo a concelleira de Sanidade e Voluntariado, Sofía Godoy, na presentación de hoxe, 23 de maio. De 11:00 horas a 20:00 horas haberá actividades que van dende a risoterapia, pasando por rexistros da glicosa, presión arterial, primeiros auxilios, percuterapia. Máis dunha trintena de asociacións participarán nesta Feira da Saúde, así como as farmacias ourensás que farán rexistros sanitarios gratuítos. De feito, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, salientou na presentación “a importante labor das asociacións e dos voluntarios que chegan a onde as administracións non podemos chegar” e animou á xente a participar.

Pero, a pesar de que este ano o tema é a depresión, dende a organización desta cita quixeron botar o pano, o 1 de xuño, falando de felicidade. Da man do “coach” Juanma Quelle, que describiu este relatorio, que farán no Auditorio a partires das sete da tarde, como “o máis innovador e divertido do ano en canto ao desenvolvemento da felicidade”. O relator dixo que teñen previsto “falar de felicidade e da viaxe cara á felicidade” e para iso van usar a música do cubano Pedro Campos, que asegurou que van a axudar aos asistentes a atopar a felicidade coa música en directo.

 

Programa.

 

Artigos relacionados

Back to top button