CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

A “Feira do Sol” desvela o valor enerxético do astro rei no Barco

Cociñar con enerxía solar, producir movemento ou calor. Son algunhas das cuestións que descubren e aprenden os máis pequenos na “Feira do Sol”, unha iniciativa expositiva, formativa e lúdica que se desenvolve ao longo do 20 de agosto na praia fluvial do Malecón do Barco.

A partires do mediodía esta zona da vila acollía exposicións de carácter medioambiental, demostracións, obradoiros infantís e tamén moitos actividades lúdicas, sempre relacionados co sol ou coa enerxía solar. Non faltaban tampoucos diversos xogos e malabares. Os máis pequenos gozaban e participaban nesta singular proposta promovida pola Concellería de Medio Ambiente do Barco e incluída na campaña de eficiencia enerxética impulsada por este departamento municipal.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button