En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Feira do Viño de Valdeorras conclúe con premios e con máis de 8.000 visitantes

Servíanse máis de 7.000 degustacións ao longo desta mostra de dous días que se celebraba na praza de Viloira (O Barco)

Era un dos momentos máis agardados. Tres días despois de que fosen valorados polos técnicos desvelábanse os nomes das marcas premiadas na cata oficial da XX Feira do Viño de Valdeorras. Era un dos últimos actos do programa, que se desenvolvía na praza de Viloira (O Barco) e comezaba coa entrega do galardón á mención especial viños doutras añadas que recaía na “Garnacha vella da chaira do Ramiriño 2015” da adega Sampayolo.

De seguido ían intercalándose as distincións de brancos e tintos. No caso dos brancos o primeiro premio era para o godello Casal Novo da Adega O Casal, o segundo para o Viña Abad da Cooperativa Xesús Nazareno do Barco e o terceiro para o godello Cepado da Adega Cepado.

No apartado de tintos, o viño ganador era o mencía D’Berna de Guitián y Blanco, o segundo premio correspondíalle ao Viña Costeira da adega do mesmo neome e o terceiro era tamén a adega Cepado polo seu mencía Cepado.

Na entrega de premios participaban, ademais do presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, a concelleira de Comercio do Barco, Irene Dacal, e a de Cultura, Margarida Pizcueta, que interviña para agradecer que a D.O. Valdeorras escollera, un ano máis, este municipio para celebrar este evento, e tamén aos adegueiros e ao público a súa participación. O acto pechábao o presidente en funcións do CRDO Valdeorras, Francisco García, quen manifestaba asemade o seu agradecemento.

Un ano máis a mostra consolídas. Nesta edición o consello regulador estima que se atraeu a “máis de 8.000 visitantes. Aproximadamente, servíronse por riba das 7.000 degustacións, unha cantidade similar á do ano pasado”. O presidente en funcións do consello valdeorrés agradece tanto ás adegas participantes como ao público asistente a súa presenza no recinto feiral, sen os cales “non tería sido posible o éxito acadado”.

Galería de fotos:
https://osil.info/derradeira-xornada-da-xx-feira-vino-de-valdeorras-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button