ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Un ferido leve nun accidente en Rubiá

Un octoxenario resultaba ferido leve tras sufrir un pequeno accidente co seu coche rumbo a Oulego (no concello de Rubiá). O varón paraba o coche e baixaba del, pero non quedaba ben freado e saíase da calzada desprazándose costa abaixo. Ao intentar subir de novo ao vehículo para tirar do freo de man (sen éxito xa que acababa freando contra unha silveira), o condutor sufría feridas leves na perna esquerda producidas pola propia maleza.

O feito tiña lugar en torno ás 11:40h. da mañá do 18 de agosto e ata o lugar desprazáronse membros do GES Valdeorras, da Garda Civil de Tráfico e de Ambulancias Sil.

Artigos relacionados

Back to top button