CulturaCulturaÚltima hora

Fernando Méndez presenta “Nunca guardes las cosas rotas”

O acto terá lugar no Liceo de Ourense o 27 de outubro
Portada do libro "Nunca guardes das cosas rotas".
Portada do libro “Nunca guardes das cosas rotas”.

Da man da editorial Aldevara, o vindeiro luns 27 de outubro presentarase no Liceo de Ourense, o libro “Nunca guardes las cosas rotas”, de Fernando Méndez, gañador do VI Premio de Novela “Ciudad de Almería”.

A obra narra a historia dun neno de 10 anos que tenta unir unha foto, un país en guerra e un amor oculto (tres cousas rotas), para buscar respostas, atopándose coa realidade de que o mundo é dos maiores e non está feito para nenos. A Guerra Civil a través dos ollos dun cativo inocente.

No acto, previsto para as 20:15h. o autor ourensán estará acompañado polo periodista Alberto Carnero e o editor Jesús Vara.

Artigos relacionados

Back to top button