EconomíaEconomíaÚltima hora

A Festa do Botelo barquense, no “Luar”

Antes da actuación da Banda de Música e de Gaitas deste municipio, o seu director agasallaba ao presentador do programa cunha camiseta desta cita gastronómica

Ademais do son da Banda de Música e de Gaitas do Barco, no programa “Luar” da televisión galega tamén estaba presente a Festa do Botelo, un celebración gastronómica que se celebra cada mes de xaneiro nesta vila valdeorresa. O director da Banda de Música, Manuel Prada, entregáballe ao presentador do programa, Xosé Ramón Gayoso, unha camiseta desta celebración e convídabao a acudir á vindeira edición, que se celebrará o próximo 21 de xaneiro.

A Festa do Botel, que organiza o Concello do Barco, é unha celebración recoñecida de interese turístico galego e no próximo ano 2017 cumprirá dezasete edicións.

Artigos relacionados

Back to top button