ConcellosÚltima hora

Festa da Empanada de Costelas, na Rúa Vella

A cita gastronómica terá lugar mañá sabado 27 de decembro ás 14h. no campo de San Roque
Asistentes á pasada edición da Empanada de Costelas da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes á pasada edición da Empanada de Costelas da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

Paseniño, a festa da Empanada de Costelas da Rúa continúa a súa traxectoria dentro do calendario gastronómico-festivo da comarca de Valdeorras.

Organizada pola comisión de festas de San Roque, chegará á XIV edición mañá sábado 27 de decembro a partires das dúas da tarde, na carpa climatizada ubicada no Campo de San Roque. O menú estará formado por sopas de allo, empanada de costelas adobadas e torta de roxóns, á parte de viño e licores. E como non, do baile amenizado por unha discoteca móbil. O prezo da entrada, 15 euros.

Máis información no Especial Nadal 2014 do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button