En portadaGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

Festa de Entroido no CEIP Condesa de Fenosa do Barco

Os xogos olímpicos foi o tema sobre o que xirou este ano a festa de Entroido no CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras.

Así, na tarde do 5 de febreiro, alumnos, profesores e familiares, representaron o acto de inauguración dunha Olimpíada de Entroido, con desfile de deportistas (ciclistas,tenistas, alterófilos, xogadores de fútbol americano e animadoras, ximnastas…), relevos coa antorcha portadora do lume olímpico e izado da bandeira ao son do himno.

A festa remataba con música e baile no patio, así como unha chocolatada por xentileza da ANPA do colexio.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button