ConcellosÚltima hora

A Festa do Pulpo do Carballiño viaxa este sábado a Nuremberg, Alemaña

A LV Festa do Pulpo será presentada no Centro Galego desta vila co obxectivo de facela Festa de Interese Turístico Internacional

A LV Festa do Pulpo será presentada o próximo sábado, 24 de xuño, na vila alemá de Nuremberg como unha das “manifestacións gastronómicas e culturais máis multitudinarias e populares de Galicia”, sinalan dende o Concello de Carballiño. O acto desenvolvrase no Centro Galego desta cidade que, á súa vez, tamén celebra o 25 aniversario da súa propia Festa do Pulpo.

Precisamente por isto, así como para reforzar a declaración da Fsta do Pulpo do Carballiño como Festa de Interese Turístico Internacional, é polo que este ano dende o Concello tomaron a iniciativa de dedicalle a festa ao Centro Galego de Nurember.

Para isto, desprazaranse ata esa cidade, situada na rexión de Franconia, no estado de Baviera, unha delegación da corporación carballiñesa, encabezada polo alcalde, Francisco Fumega, e formada polo concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal; o voceiro do PP, Argimiro Marnotes e o portavoz de AV-Son, Bernardo García. Tamén irán dous pulpeiros. Asemade, confirmou a asistencia a este acto o secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda.

O acto celebrarase pola tarde, ao comezo dunha festa que organiza o Centro Galego e que reunirá a miles de persoas nunha céntrica rúa que se pechará ao tráfico para o efecto. O protagonismo será para o pulpo á feira, pero tamén haberá outras actividades, como un concerto de Cristina Pato, que foi contratada polo Centro Galego.

Tanto a dedicación da Festa do Pulpo ao Centro Galego de Nuremberg como a procura da internacionalidade, foron os motivos que máis impulsaron ao Concello para seleccionar “un cartel que fose representativo do evento e ao mesmo tempo que fose un bo reclamo publicitario”. De aí que, ao final, optaraan por un cartel que contén os dous emblemas do Carballiño e Nuremberg, como son o Templo da Veracruz e o Castelo Imperial, e, por suposto, un gran pulpo abrazando ambos monumentos. O cartel é obra do debuxante e deseñador Ovidio José Feijoo Oliveros. Este artista ten realizado múltiples exposicións; xa ten feito debuxos de camisetas para a Festa do Pulpo.

Este cartel, que é o que se distribuirá en Nuremberg, será presentado á volta no Carballiño, incorporando os logotipos de todas as firmas que patrocinan a Festa do Pulpo e que se distribuirá por toda Galicia e nos centros galegos de todo o mundo.

Cartel deseñado po Ovidio José Feijóo.

Artigos relacionados

Back to top button