CulturaCulturaÚltima hora

O festival de cine rural “Carlos Velo”, do 12 ao 17 de decembro en Compostela

O festival enmárcase dentro do CultRural, o encontro da cultura rural de Galicia
Presentación do festival.

 

A Sala de prensa do Concello de Santiago acolleu hoxe, 4 de decebro, a presentación de “CultRural”, que, co lema “Compostela, capital da cultura rural”, traerá á capital galega durante os días 12 a 19 de decembro, actividades como conferencias, exposicións, gastronomía ou cinema da man do Festival Internacional de Cine Rural de Galicia “Carlos Velo”. Todas elas co mundo rural como eixo central.

A presentación acudiron o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, o concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña; Francisco Macías, de Edicións Positivas e Aser Álvarez, de Arraianos, dous dos colectivos organizadores do evento. Durante o acto presentouse a web CultRural, a súa imaxe corporativa, o spot, así como o programa e os cartaces do evento.

No marco de CultRural levarase a cabo o Festival Internacional de Cine Rural de Galicia “Carlos Velo”, que neste ano acada a súa cuarta edición afianzándose como un referente internacional recibindo máis de 300 curtametraxes, en categoría ficción e documental, procedentes de México, Cánada, Rusia, Kenia ou diferentes países europeos e, por suposto de España.

Con Compostela como marco, lugar ao que o cineasta Carlos Velo, nado en Cartelle, Ourense, trouxo a Buñuel a través do filme “A vía láctea”, a equipa do festival presentou a pasada semana os dez finalistas cuxos traballos se proxectarán durante os días 13 e 14 de decembro na Facultade de Ciencias da Comunicación (18:30 horas) e, o día 15, co Salón Nobre do Pazo de Raxoi, (13:45 horas) como escenario, terá lugar a gala de entrega de premios.

Nesta ocasión, ademais, farase unha retrospectiva sobre Chanfaina Lab, unha experiencia audiovisual colectiva que se leva a cabo en San Sadurniño e coa que se pretende poñer en valor a localidade a través da gravación dunha curta.

O cineasta Oliver Laxe, director do recoñecido filme “Mimosas” que lle valeu no 2016 o “Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes”, ofrecerá un coloquio o mércores, día 13, ás 18:00 horas, durante o que presentará o seu proxecto de desenvolvemento rural nos Ancares e mostrará un adianto da súa próxima película “Aquilo que arde”.

Artigos relacionados

Back to top button