ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Festival de danza no Barco

Os alumnos de Academia Bayadère subíanse ao escenario do Teatro Lauro do Barco para celebrar a fin de curso. Os días 26 e 27 de xuño tiña lugar un festival que enchía de público este auditorio para asistir a unha numerosa e variada gama de actuacións con intérpretes de todas as idades.

Dende danza clásica, pasando por flamenco ou baile moderno. Unha diversidade de estilos e de ritmos que amosaba o bo facer do alumnado deste centro. E iso entre os aplausos dos asistentes e nun escenario que recreaba a temática do mundo do circo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button