OurenseÚltima hora

Festival Internacional de Xadrez, en Ourense

Expourense acollerá a VII edición do torneo este sábado, 1 de novembro
Presentación do VII Festival Internacional de Xadrez, en Ourense.
Presentación do VII Festival Internacional de Xadrez, en Ourense.

Entre 250 e 300 deportistas; 5.200 pezas de xadrez en movemento; máis de 1.000 partidas; 50.000 movementos; 25 premios especiais; 300 obsequios conmemorativos; e numerosos sorteos. Son as cifras do Festival Internacional de Xadrez, que se celebrará o sábado día 1 de novembro en Expourense.

Baixo o lema “Deporte e Ciencia para a Xuventude”, este torneo é a penúltima proba puntuable do Circuíto Galego 2014, composto por 15 probas desputadas dende o mes de maio por toda a xeografía galega.

O festival, que este ano chega a VII edición, era presentado na mañá do 30 de outubro no Concello de Ourense, nun acto ao que acudiron o concelleiro de Deportes de Ourense, Alfonso Vilachá, o director do Clube Xadrez Ourense, Elías González, e a directora adxunta de Expourense, Emma González quen indicou que citas coma esta “son dinamizadores da vida spocioeconómica da cidade xa que despraza a moitas familias de fora que visitarán a cidade e os seus establecementos hostaleiros”.

Organizado unha vez máis por Expourense e coa dirección técnica do Club Xadrez Ourense, o torneo contará coa participación de xoves de entre 6 e 16 anos, escolares e federados procedentes de toda Galicia, Castela León e Portugal.

O torneo comezará ás 11h. do sábado coa recepción aos participantes e a indicación das directrices técnicas. A competición xogarase polo Sistema Suizo a 7 roldas.

Obterán trofeos especiais os cinco primeiros clasificados de cada categoría, e tódolo participantes recibirán un trofeo conmemorativo. A entrega está prevista para as 19:30h.

Os interesados en participar aínda poden facelo ata hoxe xoves ás 22h. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do envío dun mail a traxerxadrez@hotmail.com.

Artigos relacionados

Back to top button