EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Festival Ribeiro Son de Viño, o 18 de xullo

Terá lugar no Náutico de San Vicente do Mar e incluirá charlas entre adegueiros e músicos
O presidente do CRDO Ribeiro, na presentación do Festival Ribeiro Son de Viño.
O presidente do CRDO Ribeiro, na presentación do Festival Ribeiro Son de Viño.

Música, gastronomía e viño do Ribeiro. Son os tres piares nos que se asenta o proxecto Ribeiro Son de Viño, que vai pola súa segunda edición. É “o único festival de Galicia que combina música en directo con catas dos mellores viños no entorno privilexiado de San Vicente do Mar”, segundo destacan dende a organización.

A cita terá lugar o día 18 de xullo a partires das 13h. no Náutico de San Vicente do Mar (Pontevedra) e contará coa presenza de Ken Strinfellow (The Posies), Ataque Escampe, Terbutalina, Os Amigos dos Músicos, Alex Casanova e Blues do País, nunha serie de concertos que se prolongarán ata a madrugada.

Ademais no náutico estarán as bodegas Alberte, Bodegas Casal de Armán, Finca Viñoa&Pazo Casanova, Gran Gandarela e Viña Costeira de maneira presencial, e haberá una Ribeirobarra con máis referenzas de viños brancos para seguir probando outros viños e profundizar máis nesta denominación de orixe ourensá.

Ribeiro Son de Viño “existe para achegar a cultura do viño ao público máis xove, por iso este ano, ademais de catas, concertos praia, también haberá espazo para o diálogo entre adegueiros e artistas. Algúns dos músicos participantes compartirán as súas experiencias cos produtores do Ribeiro e nos contarannos cómo ven eles a cultura do viño mentres comparten un Ribeiro entre todos”, adiantan os seus promotores.

Las entradas para la celebración del verano están a la venta en ticketea por 12€: https://www.ticketea.com/entradas-son-vino-pontevedra/

Artigos relacionados

Back to top button