CulturaCulturaÚltima hora

Fin de semana de festa no Barco de Valdeorras

Os inchables gratuítos na praza do Concello son unha das actividades infantís do porgrama de Santa Rita 2017

O infantil é un dos principais públicos aos que van dirixidas as actividades das Festas de Santa Rita, e eles son os protagonistas da xornada do sábado, disfrutando dos inchables gratuítos na praza do Concello.

Despois da exhibición da Garda Real e a actuación da orquestra La Favorita na tarde e noite do venres 19 de maio, O Barco de Valdeorras disfrutará dunha completa fin de semana con actividades para todos os públicos e gustos. Na xornada de hoxe, sábado día 20, comeza o 10º Gran Premio Vila do Barco de tiro ao prato no Polígono Industrial da Raña; hai unha xornada de convivencia de categorías base de fútbol no Campiño de Viloira; e diferentes inchables (para cativos de todas as idades) en sesión de mañá (de 11 a 13h.) e tamén de tarde (de 17 a 19h.) para os pequenos. Ademais, o baile estará amenizado pola orquestra Galilea, e en torno á medianoite actuará o grupo de rock The Morgans.

Máis información no Especial Santa Rita do Periódico O Sil.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button