EconomíaEconomíaÚltima hora

Fin de semana de tapas pola Rúa

Dez establecementos hostaleiros participan na ruta gastronómica que se celebrará do 28 ao 30 de novembro
Unha das tapas que se degustaron na pasada edición da ruta. Foto: Mónica G. Bellver.
Unha das tapas que se degustaron na pasada edición da ruta. Foto: Mónica G. Bellver.

A vindeira fin de semana, do venres 28 ao domingo 30 de novembro, A Rúa acollerá a VI Ruta das Tapas na que participarán un total de 10 establecementos con cadansúa tapa coa que tentarán sorprender aos participantes: A Lareira servirá “Lomo de cerdo con foie”; o Té Rojo, “Caza el boleto”; a viñoteca Pepa, “Delicias de otoño”; A Tasca, “Corzo”; O Bravo Lux, “karayan”; o Dipöp, “Milhoja de patata con chorizo”; a tapería Tahití, “Lenguadito barbacoa”; O café, “Brocheta de marisco de cortello”; O Luna’s, “Cazuelita de vieira ó godello”; e Artesanos Peyma, “Empanadilla de grelos”.

Participantes na pasada edición da Ruta das Tapas da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.
Participantes na pasada edición da Ruta das Tapas da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

Os ruasportes poderán mercarse nos propios locais por 15 euros e o horario da ruta será: venres, sábado e domingo de 20 a 22:30h. e sábado de 12 a 14h.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button