Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Finaliza a primeira fase da intervención na ponte romana de Ourense

A segunda fase das obras pretende estender ao contorno da Capela dos Remedios o proxecto de posta en valor da ponte

“Hoxe damos por concluídos os traballos da primeira fase da intervención coa que a Xunta, a través do labor coordinado entre as consellerías de Infraestruturas e de Cultura, cumpre co seu deber”, aseguraba o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo ao carón da ponte romana de Ourense na tarde do 7 de decembro. Tamén lembraba que hai pouco máis dun ano o Concello ourensán e a Xunta plasmaban nun convenio de colaboración referido a este elemento cultural de referencia para a cidade.

E neste mesmo senso referíase á posta en marcha dun conxunto de labores supervisados polos técnicos de Patrimonio da Xunta de Galicia e que responderon ao triplo obxectivo de conservar, dignificar e potenciar a maxestuosidade da ponte pomana. “Para conservala traballamos, restaurando un dos tallamares da ponte, substituíndo o pavimento da ponte e con outras pequenas obras de restauración de pezas deterioradas. Para dignificala, retiramos elementos alleos ao monumento como unha vella tubaxe de abastecemento. E para potenciala, acometemos a actuación máis singular de todas as levadas a cabo sobre esta construción histórica: a nova iluminación”.

O presidente da Xunta tamén avanzaba a segunda fase das obras co obxectivo de estender ao contorno da Capela dos Remedios o proxecto de posta en valor da ponte.

Artigos relacionados

Back to top button