Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Fisioterapia de balde, no Malecón do Barco

Na tarde do 18 de xuño o Paseo do Malecón barquense convertíase nunha sala de fisioterapia ao aire libre. Os fisioterapeutas do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV) sacaban á rúa as súas padiolas para aplicar, de forma gratuíta, tratamentos aos cidadáns. Con esta acción reivindicaban as “dúas prazas de fisioterapia que se deixaban de contratar a 1 de xuño” e criticaban “a precaria situación deste servizo ante a pésima reorganización levada a cabo dende o CHUO”. Ao mesmo tempo recollíanse sinaturas de apoio a estas demandas.

Artigos relacionados

Back to top button