Folgoso do Courel impulsará a produción de castaña certificada

A súa alcaldesa, acompañada polo secretario da IXP Castaña de Galicia, mantiña unha xuntanza coa conselleira do Medio Rural en Santiago

 

A conselleira do Medio Rural recibindo á alcaldesa de Folgoso do Courel e ao secretario da IXP Castaña de Galicia.

 

A importancia de seguir apoiando a produción de castaña de calidade como sinal de identidade no concello de Folgoso do Courel, pero tamén doutras zonas de Galicia. Era unha das cuestións que a alcaldesa deste municipio lucense, Dolores Castro, lle trasladaba á conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na tarde do 20 de abril en San Caetano.

 

Un dos momentos do encontro, celebrado en San Caetano.

 

Na reunión a rexedora estivo acompañada polo secretario da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, Manuel L. Vilariño. E no decurso do encontro a conselleira comprometeuse a seguir potenciando esta IXP en particular e a produción e comercialización de castaña galega en xeral.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies