Seis foron as charlas que se desevolveron na segunda xornada do programa no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Cinco para os alumnos do centro e unha aberta para o público en xeral.
A xornada do 23 de febreiro arrancaba coa charla sobre “Químicos técnicos, lubricantes e aditivos” da empresa XENUM. Techno Chemicals para os alumnos do ciclo medio de Electromecánica de Vehículos, unha charla que repetirían pola tarde para os mecánicos de toda a comarca.
De forma case simultánea, unha representante da Asociación AFABIERZO falaba para o alumnado do ciclo medio de Coidados Auxiliares de Enfermería sobre a “atención con persoas con Alzheimer”. A continuación, sería Noelia Mayo de Cruz Vermella Valdeorras quen falaba sobre a actividade da ONG na comarca.
Noutro punto do centro, un técnico de TELEVÉS daba unha charla sobre Instalacións ICT-2 para alumnos do ciclo medio; completando a mañá a experiencia de Mónica Panizo e José Manuel Pérez, de Microshop Valdeorras, como “Xoves emprendedores” dirixida aos alumnos do ciclo superior de Administración de Finanzas e do ciclo medio de Xestión Administrativa.
Fotos: Carlos G. Hervella.