O FSF Quiroga, subcampión do II Torneo Val de Quiroga de fútbol sala feminino

O primeiro premio do campionato que reuníu a máis de 90 xogadoras, foi para as ourensás do Recreativo de Juerga

Ademais da carreira nocturna que encheu Quiroga de atletas o sábado pola nooite, ao longo de toada a fin de semana (8 e 9 de xullo) celebrouse a II edición do Torneo Val de Quiroga de fútbol sala feminino, no que participaron máis de 90 xogadoras dun total de 9 equipos.

Todas demostraron un gran nivel nos dous días do torneo, pero finalmente foron as xogadoras do Recreativo de Juerga (Ourense) as que se proclamaban campionas tras derrotar na final ao equipo local do FSF Quiroga cun resultado de 2-6. “Tras un mal inicio das quiroguesas chegando a ir perdendo de tres goles no descanso, lograron remontar ata poñerse cun marcador de 2-3 a falta de 2 minutos para rematar”, explican dende a organización, asegurando que “unha mala xestión estratéxica da porteira-xogadora fixo que as de amarelo amarraron o resultado, converténdose en xustas vencedoras”. Destaca a participación de Paulinha, recente campiona da Copa de España co Ourense Envialia.

O terceiro clasificado foi o Rábade, que venceu ao Castro. O premio de mellor porteira do torneo foi para Jessi do Rábade e a “crack” foi Alba do Quiroga, alma máter da organización do torneo. Tamén se sorteou un balón oficial da LNFS para a mellor foto.

Fotos cedidas.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies