ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Fundación Iberdrola colabora economicamente con Asfaval

Representantes da empresa visitaron as instalacións da entidade, no Barco de Valdeorras

Arranxos no ascensor, a colocación dunha bomba de auga no baixo, pintar os estropicios da chuvia,… Son algunhas das reformas que levaron a cabo nas instalacións de Asfaval, cos 2.500 euros que por segundo ano lles concedía hai uns meses a Fundación Iberdrola (apartado da empresa enerxéntica que defende as actividades culturais e sociais ), “e posiblemente utilicemos tamén unha parte para acondicionar o espazo destinado á recollida e almacenamento do aceite que levan a cabo os rapaces”, engadía a presidenta de Asfaval Amelia Blanco, diante de dous dos seus representantes, que na tarde do 12 de decembro se achegaban ata O Barco de Valdeorras.

Miguel Ángel López García, director de Generación Sil de Iberdroola e Francisco Silva Castaño, delegado institucional da empresa, acompañados polo alcalde do Barco, Alfredo García e parte da directiva de Asfaval,  visitaban as instalacións que o colectivo ten na urbanización Las Huertas. Alí, Amelia aproveitou a ocasión para informar sobre o servizo de recollida de aceite que fan os usuarios. “Recollemos unhas 8 toneladas de aceite doméstico usado ao ano, polos colexios, xeriátricos, supermercados, … O tema vai moi ben e queremos ampliar o servizo cunha empresa que nos axudará a recogellos tamén polas rúas da vila a través de contedores (poremos entre doce e quince), para a poboación en xeral. Aos rapaces de Asfaval vailles moi ben, fano ben e o medio ambiente tamén o agradece”, dixo.

Ademais de agradecerlle publicamente a aportación económica, os usuarios de Asfaval entregáronlle unha botella de viño aos visitantes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button