Monográfico Moda veránMonográficos

Fusión de cultura e moda

José Matteos aposta por unha tendencia futurista nas súas creacións

matteos-(15)

A sala Utopic Us de Madrid, foi o escenario elexido polo modista coruñés José Matteos para presentar a súa colección “Essence”, no marco da Mercedes Benz Fashion Week de Madrid.

Sobre a pasarela, o deseñador galego apostou unha vez máis por profesionais da casa, contando con recoñecidas modelos galegas como Danique Lavodrama, Sabela Asorey, Marta Gutiérrez, Susana Acevedo, Alberto Monteagudo ou a internacional Jiao Jiao. Entre o público tamén se puderon ver celebridades como as actrices galegas Alba Messa e María Expósito, a cantante Innocence, a modelo Charo Díaz ou o exxogador de baloncesto Anivet Lavodrama.

No que respecta á colección, inspirada na fusión da cultura oriental e a moda victoriana, Matteos aposta por prendas moi coidadas onde o negro é o protagonista absoluto. As propostas do deseñador galego lembran a Xapón, con peiteados, maquillaxes futuristas, saias moi curtas e botas de plataformas e altos tacóns, ata o punto de que as modelos parecen saídas do parking de Tokyo Drift (no filme The Fast and the Furious) con modelos masculinos que incluso levan cascos na cabeza como complemento.

Cun total de 40 estilismos, a pesentación da colección para o outono-inverno 2012-2013 destacou polas transparencias para muller e unha liña futurista e innovadora para o home. En ámbolos dous casos a colección desenvólvese sobre o negro en diversas tonalidades.

Texto: Mónica G. Bellver
(Máis información na edición en papel do Especial Moda de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button