EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Fusión de maxia, diversión e comercio no Barco CCA

A campaña “Escaparates Máxicos” concluirá o 21 de xullo cunha gala final na praza do Concello

Continúa o circuíto de espectáculos de ilusionismo polos establecementos barquenses. Na tarde do 20 de xullo a campaña “Escaparates Máxicos”, organizada polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA), percorría outros catro comercios da vila: Boutique Hogar Marina, D’Chus, Comercial Vedo e Miranda X, entre trucos de maxia de diverso tipo, sorteos e agasallos.

Esta singular campaña, protagonizada por Txema Gicó Mago, concluirá o 21 de xullo con outras catro citas en Boutique Suá (11h.), Garoba (11:30h.), Agricentro (12h.) e Laurarte (12:30h.). Asemade esta iniciativa terá como broche unha gala que se celebrará o mesmo día 21 a partires das 20:30h. na praza do Concello do Barco. No seu decurso farase un novo sorteo, desta volta, dun vale de compra.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button