CulturaCulturaÚltima hora

A gala benéfica “Sueña” vai encher o Teatro Principal de Ourense de diversión

Os fondos recadados coa venda de entradas irán destinados a asociación Aixiña. A gala vaise celebrar o domingo 17 de decembro
Olga Cuña, Flora Moure, Montserrat Lama, Leticia Celaá e Pamela de Marco.

O Teatro Principal da Deputación, en Ourense, acollerá o vindeiro domingo, 17 de decembro, “Sueña”, a sétima edición desta gala benéfica que, nesta ocasión, será en favor da asociación Aixiña.

Montserrat Lama, deputada provincial, destacou na presentación de hoxe, 12 de outubro, a importancia de colaborar con este tipo de eventos benéficos e agradeceu ás organizadoras “que dediquen o seu tempo para desenvolver actos que recaden fondos para asociacións, nesta ocasión, para colaborar con Aixiña”. Neste mesmo senso, a concelleira de Comercio de Ourense, Flora Moure, dixo que “esta sétima edición da gala benéfica supón un importante desenvolvemento para o comercio de Ourense e unha axuda para esta asociación”.

Pola súa parte, ás organizadoras do evento explicaron que esta idea que naceu hai sete anos “para levar o noso traballo no mundo da beleza ao mundo máis creativo. Para elo, cada ano buscamos unha temática e intentamos demostrar o que se pode conseguir co noso traballo”, dixo Leticia Celaá. “Desde o principio tiñamos claro que este evento sería en favor dos máis necesitados, donamos para Down Ourense, Cruz Vermella, entre outras entidades”, sinalou Pamela de Marco, quen destacou a gran acollida que ten esta gala porque “sempre enchemos o Teatro Principal”.

Ambas as dúas animaron a todos a colaborar con esta iniciativa a través da compra das entradas, que teñen un custo de 5 euros e que se poden adquirir nos seus salóns Pamela de Marco Imaxe e Leticia Calaá Beauty Lounge ou a través da fila cero. No caso de no venderes todas as entradas na venda previa, poderanse adquirir tres horas antes do espectáculo no despacho de billetes do Teatro Prinicpal.

A presidenta de Aixiña, Olga Cuña, agradeceu ás organizadoras do evento e a todos os que colaboran con elas “porque para nós é moi importante a recadación pero tamén que nos facedes visibles”, e asegurou que o diñeiro recadado irá destinado “ao servizo de rehabilitación integral (fisioterapia, logopedia, musicoterapia, terapia ocupacional) que atende a adultos e a nenos”.

“Sueña”, que comezará ás 19:00 horas, trasladará aos espectadores ao mundo fantástico dos soños a través de actuacións que inclúen música en directo, desfile de moda, baile, shows de perruquería e maquillaxe e sorteo de lotes de cosmética.

Artigos relacionados

Back to top button