En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Gala para completar os “Escaparates máxicos” do Barco CCA

Na mañá do 21 de xullo concluíase o circuíto de espectáculos que percorrían 20 comercios da vila

Entre xogos de atención, de habilidade, trucos e moitos agasallos desenvolvíase a campaña “Escaparates Máxicos”, que vén de despregar ao longo de tres días O Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Un total de vinte establecementos da vila participaban nesta iniciativa na que Txema Gicó Mago sorprendía ao público cun diverto e interactivo espectáculo en cada un dos locais.

Para completar esta campaña terá lugar na tarde do 21 de xullo unha gala final a partires das oito e media na praza do Concello do Barco. Nela haberá un novo sorteo.

Nesta galería de imaxes poden verse as últimas actuacións deste mago en Boutique Suá, Garoba, Agricento e Laurarte. En cada un destes locais sorteábase un agasallo entre os asistentes agás no caso de Laurarte, onde foron dous.

Fotos: Ángeles Rodríguez
Máis fotos:
https://osil.info/fusion-de-maxia-diversion-e-comercio-no-barco-cca/
https://osil.info/maxia-estendese-polo-comercio-barquense/
https://osil.info/maxia-toma-os-escaparates-barco-cca/
https://osil.info/bombillas-culleres-ou-lambetadas-convertense-en-obxectos-maxicos-no-barco/

Artigos relacionados

Back to top button