PolíticaÚltima hora

Galiza Nova convoca unha concentración a prol da “Galiza diversa” no Barco o 28 de xuño

A praza do Concello do Barco será o escenario no que se desenvolverá a concentración que Galiza Nova Valdeorras convocará o día 28 de xuño co título “Construíndo a Galiza diversa”. Está prevista para as 12h.

“A Concentración será a favor da diversidade sexual na Galiza, xa que coincide co Día do Orgullo LGTBI a nivel mundial”, segundo se informa dende esta formación política.

 

Cartel da concentración de Galiza Nova Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button