OurenseÚltima hora

A Garda Civil esclarece dous sinistros con fuga na provincia

A investigación foi levada a cabo polo Grupo de Investigación de Análise de Tráfico da Comandancia de Ourense
Axente da GIAT.

O equipo GIAT (Grupo de Investigación e Análise de Tráfico), pertencente ao Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense localizou, tras varias semanas de investigación, aos condutores responsables de dous accidentes de tráfico que, tras teres causado danos noutros vehículos, déronse á fuga.

O primeiro dos casos foi o pasado 21 de outubro, no que a condutora colisionou contra o vehículo que estaba estacionado na localidade da Derrasa. A implicada no alcance marchou do lugar sen deixar notificación algunha, apuntan fontes de Tráfico. Finalmente, os axentes atoparon o vehículo nun taller de chapa e puntura reparándoo. A condutora, din fontes da Garda Civil, manifestou “que non se dera de conta de ter colisionado con ninguén”, así é todo, os axentes puideron esclarecer os feitos a través de diversos indicios e testemuños.

Por outro lado, o segundo suceso tivo lugar o pasado 9 de novembro cando un vehículo, nunha manobra de adiantamento, colisionou de xeito lateral con outro, “ocasionando danos en diferentes partes”, dixeron dende Tráfico. Segundo din na Garda Civil, o condutor “fixo caso omiso” e non se detivo, dándose á fuga. Tal e como sucedeu no primeiro caso, o coche foi localizado días posteriores e, tras facer un informe fotográfico dos danos en ambos os dous vehículos e examinar a coincidencia dos desperfectos, os axentes puideron demostrar ao condutor a implicación no accidente, o cal acabou recoñecendo os feitos.

Dende o a GIAT destacan que ultimamente veñen detectando un aumento deste tipo de actitudes nos accidentes de tráfico, ocasionando prexuizos graves, tanto aos titulares dos vehículos danados como ás correspondentes compañías de seguros, sendo fundamental a colaboración entre as testemuñas, así como calquera resto que se poida quedar en lugar do sinistro.

Artigos relacionados

Back to top button