CulturaCulturaÚltima hora

Gargallada recolle dous premios na I Mostra de Teatro Afeccionado de Zas

Con dous galardóns voltaba o 29 de maio a agrupación de teatro barquense Gargallada da I Mostra de Teatro Afeccionado de Zas (A Coruña). Nela lograba dúas das tres distincións outorgadas no certame pola súa obra “Fuga”: o premio ao mellor espectáculo e ao mellor actor (Lalo Santos).

Esta peza teatral, “Fuga”, é de Jordi Galcerán. A súa dirección está en mans de Pilar Alonso e tamén está interpretada por Reyes Limi. Nesta imaxe pode verse representantes de Gargallada Teatro tras recoller os premios.

premio

Artigos relacionados

Back to top button